Consellería de Economía e Industria

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e innovación

Subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial e subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

 

IN841B – subvencións para o apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais.

 

Obxectivo Preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais. Son prioritarias o Fondo Tecnolóxico (CDTI), o VII programa marco e o Programa Europeo de competitividade e innovación (CIP)
Requisitos da proposta A proposta debe adecuarse aos criterios exixidos na convocatoria a que se vai presentar, condicionando o pagamento da subvención á presentación oficial en tempo e forma do proxecto ante a Administración correspondente
Prazo presentación solicitudes 27-29 de Agosto
Beneficiarios Empresas de carácter privadoque teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Orzamento –          Estatais: 3.000€ para proxectos individuais, 3.500€ para o socio en proxectos de cooperación e 6.000€ para o líder en cooperación.

–          Internacionais:6.000€ para socio en proxectos de cooperación e 18.000€ para o líder.

Nota: a subvención total en cooperación non poderá superar os 30.000€

Duración Unha anualidade (xustificación da subvención ata o 30 de novembro de 2011)
Financiamento –          70% do custo subvencionable para pemes

–          60% do gasto subvencionable para grandes empresas.

Gastos subvencionables –          Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execucióndeste proxecto (ex. preparación da proposta ou formación do consorcio).

–           Gastos de consultoría para a preparación e presentación da proposta (desde a concepción do proxecto ata a súa presentación a un programa de financiamento concreto:identificación de ideas, busca de socios, redacción da proposta, …).

–           Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

–          Gastos de viaxes e aloxamento realizados por persoal da entidade solicitante para a preparación da proposta.

 

IN841C – subvencións para o apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT).

Obxectivo Estas subvencións destinaranse á realización dos proxectos de innovación empresarial dentro das seguintes modalidades:

Innovacións para a xestión:

–          Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos. A innovación en materia de organización debe sempre gardar relación co uso e explotación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) co fin de introducir cambios na organización.

–          Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda.

Innovación de loxística.

Implantación de técnicas de xestión loxística orientadas:

–        Á elaboración de plans loxísticos en que se faga unha análise integral dos procesos.

–        Á mellora da organización e utilización dos sistemas de información e das tecnoloxías de comunicación en toda a cadea.

–        Á xestión do fluxo dos bens e produtos rexeitados polo mercado destinados ao procesamento, reciclaxe, reutilización ou destrución.

–        Á xestión da rastrexabilidade do produto ata a entrega ao cliente final.

Innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto.

–           Innovación de proceso. Implantación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorados.

–          Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto ás súas características ou en canto ao uso a que se destina.

Requisitos da proposta
  •  Non se considerarán innovacións os cambios ou melloras de importancia menor, o aumento das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios nas prácticas comerciais, ou as relacións exteriores baseadas en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións ou adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a personalización (customisation), os cambios periódicos de carácter estacional ou outros e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.
  • A innovación debe representar unha novidade ou mellora substancial con respecto ao estado actual deste campo na industria de Galicia e, así mesmo, comportar un grao evidente de risco.
  • Un proxecto de innovación non debe limitarse á mera adquisición de material inventariable.
Prazo presentación solicitudes 27-29 de Agosto
Beneficiarios –          As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean válidamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia onde realicen as actividades susceptibles de obter axuda.

–          As agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os mesmos requisitos anteriores.

Orzamento –          Individuais:  únicamente para pemes. Custo subvencionable mínimo de 75.000€

–          Colaboración:  pemes e grandes empresas en colaboración cun coste subvencionable mínimo de proxecto de 150.000€, dos cales ó menos o 30% debe adxudicarse ás pemes.

Duración Máximo de 3 anualidades
Financiamento –          35% do gasto subvencionable para pequenas empresas

–          25%  do gasto subvencionable para medianas empresas

–          15% do gasto subvencionable para grandes empresas

Gastos subvencionables –          Persoal técnico propio da empresa, sempre e cando o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao proxecto.

–          Persoal técnico adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto con carácter exclusivo para el (non se admitirán contratacións a tempo parcial) e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos. Na solicitude deberá figurar o perfil requirido para a persoa que se vaia contratar.

–          Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto, e queestean debidamente xustificados. Non se admitirán custos de utilización nin amortizacións. Admitiranse gastos de leasing que cumpran determinados requisitos.

–          Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

–           Servizos tecnolóxicos externos entendendo como tales Análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías externas.(Máx 20% do total do proxecto)

–           Subcontratación.

–          Viaxes realizadas polo persoal asignado ao proxecto.

–          Formación específica impartida por axentes externos. Non se poderá imputar por este concepto máis dun 12% do importe total do proxecto.

 

 IN848A- Subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Obxectivo Dotación de recursos materiais específicos para desenvolver proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía entre organización densas en coñecemento e orientadas á innovación.
Requisitos da proposta Subvencionaranse os investimentos dirixidos a:

  • Investimentos innovadores.

–  Creación dun novo centro produtivo; a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.

–  Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de productos novos e adicionais.

–  Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.

  • Dotación de unidades de I+D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico e non asociadas á actividade produtiva.
  • Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.
Prazo presentación solicitudes 27-29 de Agosto
Beneficiarios Empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda.
Orzamento –          Mínimo 200.000€  para investimentos innovadores.

–          Mínimo 30.000€ para dotación de unidades de I+D

Duración Unha única anualidade (xustificación da subvención ata o 30 de novembro de 2011)
Financiamento –          50% do custo subvencionable para pequenas empresas.

–          40% do gasto subvencionable para medianas empresas.

–          30% para empresas do sector transporte.

Gastos subvencionables –          Realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto, sempre que supoñan unha mellora tecnolóxica significativa e innovadora nos procesos ou na actividade da empresa. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamentos de transporte.

–          Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.

–          Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos. Subvencionaranse aquelas instalacións e acondicionamentos específicas para algún dos investimentos subvencionados nos puntos 3.a) e 3.b) deste artigo sempre que non sexan xenéricas (exclúense os gastos correspondentes a mobiliario, material de oficina, iluminación e pintura). O custo por este concepto non poderá ser superior ao 25% do total do investimento.

–          Custo en concepto de adquisición de dereitos sobre títulos de propiedade industrial relativos a invencións.


Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s